Política de Privacidade
Política de Privacidade
Información sobre o tratamento dos seus datos persoais
Nesta Política de Privacidade informámolo sobre como tratamos os datos persoais que vostede nos facilita a través deste sitio web e no marco dos servizos que teña contratados, de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e a Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Quen é o Responsable do tratamento dos seus datos?
A entidade concesionaria do servizo coa que contratase ou á que se dirixa a través deste sitio web, cuxo enderezo postal, para os efectos de protección de datos persoais, se atopa na Av. Camino de Santiago, 40, 28050 de Madrid (en diante, «a Entidade»).
Así mesmo, poderá poñerse en contacto co Responsable de Protección de Datos, que é a persoa encargada do cumprimento desta normativa, no seguinte enderezo: protecciondatos@aqualia.es.
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
Tratamos os datos persoais que vostede nos facilita para:
- Desenvolver e xestionar os servizos que ten contratados.
- Atender as consultas e solicitudes de información que nos remita a través do formulario de contacto.
- Xestionar as suxestións, queixas e reclamacións que nos faga chegar.
- Xestionar a súa candidatura e valorar a súa participación en procesos de selección, cando nos envíe os seus datos a través do apartado «Traballa connosco».
Adicionalmente, tratamos os seus datos no caso de que nos dese o seu consentimento para:
- Informalo periodicamente das novidades, produtos e servizos, incluído o envío da nosa newsletter, tanto por medios escritos como electrónicos (teléfono, correo electrónico, app, sms, etc.).
- Utilizar a súa imaxe, nome, voz e/ou calquera outros datos de carácter persoal para seren incluídos nas Redes Sociais do Centro Deportivo e/ou en medios de comunicación.
Os campos sinalados como obrigatorios nos formularios son necesarios para xestionar a súa solicitude; se non se facilitan, non poderemos atendela. O resto dos datos son voluntarios. Pregámoslle que non inclúa nos campos de texto libre (mensaxe, suxestións, «outros datos de interese») datos de categorías especiais (saúde, ideoloxía, relixión, afiliación sindical, etc.), salvo que sexa estritamente necesario para a súa solicitude.
Vostede garante que os datos que nos facilita son verídicos, exactos e actualizados. Se nos facilita datos de terceiras persoas, garante que as informou dos termos recollidos nesta Política de Privacidade.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución do contrato e a prestación do servizo contratado por vostede.
Respecto ao resto de finalidades, a base legal é a seguinte:
- Consultas, suxestións, queixas e reclamacións: o seu consentimento, que vostede presta ao marcar a casiña correspondente e enviar o formulario. No caso das queixas e reclamacións, ademais, o cumprimento das obrigas legais aplicables cando a normativa esixa a súa xestión.
- Candidaturas («Traballa connosco»): a execución dun contrato ou medidas precontractuais en favor da persoa interesada.
- Newsletter e comunicacións comerciais: o seu consentimento, que vostede presta ao marcar a casiña de subscrición ou, se é o caso, ao outorgalo no momento da contratación.
- Uso da súa imaxe, nome e voz: o seu consentimento.
Os consentimentos son independentes entre si. En ningún caso a retirada dun consentimento condicionará a execución do contrato.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Os seus datos persoais conservaranse mentres dure a relación contractual e comercial, ou ata que vostede solicite a súa supresión. Unha vez finalizada a relación contractual, manteremos os seus datos persoais bloqueados durante os prazos de prescrición legal; unha vez transcorridos estes, destruiremos os seus datos.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Os seus datos non se ceden a ningún terceiro, salvo que estemos obrigados por lei.
No caso de remitir datos fóra do Espazo Económico Europeo, a transferencia realizaríase coas garantías axeitadas previstas no RXPD (decisión de adecuación ou cláusulas contractuais tipo).
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
- Acceso: ten dereito a saber se estamos a tratar os seus datos e, se é o caso, coñecer que datos persoais da súa titularidade estamos a tratar.
- Rectificación: vostede ten dereito a rectificar aqueles datos persoais que sexan inexactos.
- Supresión: en determinadas circunstancias, poderá solicitar a supresión dos seus datos.
- Limitación do tratamento: en determinadas circunstancias, vostede terá dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos e, nese caso, informámolo de que unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Portabilidade: vostede terá dereito a recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase e aqueles que se xerasen durante a relación contractual, así como a transmitilos a outra entidade.
- Oposición: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, vostede terá dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos e, nese caso, deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou para o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
- Retirada do consentimento: poderá retirar en calquera momento os consentimentos que nos outorgase, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada. Nas comunicacións comerciais, disporá ademais dunha ligazón para darse de baixa en cada envío.
Poderá exercer os devanditos dereitos mediante solicitude escrita coa ref. «Protección de Datos» dirixida a FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Dpto. Xestión de Clientes e Protección de Datos, Avda. do Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondatos@aqualia.es.
Finalmente, indicámoslle que pode reclamar ante a autoridade de control: a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
Última actualización: 20 de outubro de 2026